Tralo anuncio por parte do Concello de
Dodro do aprazamento do pleno ordinario previsto para o vindeiro
venres 15 de novembro, a Agrupación Socialista de Dodro manifesta o
seu total rexeitamento a dito acto tendo en conta que o motivo do
aprazamento non é outro que a viaxe do Alcalde a Bos Aires para
participar nun acto. Esta viaxe foi planificada con antelación, polo
tanto, este grupo municipal non cree xustificada a demora na
celebración do pleno, sobre todo, contando que hai unha tenente de
Alcalde ( con adicación exclusiva) que asume as funcións do mesmo
noutras ausencias.
Esta agrupación ve nesta demora un
novo ataque á democracia en Dodro, xa que, no propio escrito de
cambio de data, non se fai alusións ó motivo da ausencia do Alcalde
( a nova saiu en prensa), así como a unha posible data de nova
celebración.
O PSOE de Dodro cre que se está
vulnerando un acordo que o Alcalde asinou no pleno de organización.
Por todo isto, o PsdeG-PSOE non
descarta levar a cabo unha denuncia xudicial do mesmo.
Ademáis, os grupos da oposición do
Concello de Dodro: PSOE e os tres edís non adscritos, presentarán
unha denuncia conxunta ante o Valedor do Pobo para que actúe ó
respecto.