viernes, 30 de septiembre de 2011

Nota de prensa

A data de  29 de setembro de 2011 queda arquivada a denuncia que Valentín Alfonsín Somoza, actual alcade do concello de Dodro polo PP, interpuxo contra o Sr. Arturo Díaz Díaz, exalcalde de Dodro polo PSdeG – PSOE, polo PRESUNTO caso de fraude / facturas falsas do ex – monitor deportivo.

Foi o caso da declaración 20 días antes das eleccións que sacou o Sr. Alfonsín con moita profusión na prensa, e que se anula agora. O que merece unha profunda reflexión sobre a teórica “gran repercusión” que provoca a nivel informativo un “Alcalde imputado”, que logo, como neste caso, trátase dunha auténtica falsedade. E que, por certo, pasado o tempo, a noticia positiva xa non tén o mesmo realce que a negativa previa.

Con este caso remata a historia xudicial de Valentín Alfonsín Somoza contra o Señor D. Arturo Díaz Díaz, 3 contenciosos e 5 querelas, 8 accións das que SOLO  gañou unha e perdeu as outras 7.

A reflexión que sacamos nos de todo isto e: quen paga agora o dano moral causado contra este exalcalde?

PARECE QUE FOI NECESARIO MINTIR PARA ENGANAR O POBO,  CO UNICO FIN DE ACADAR SER ALCALDE. 

AGARDAMOS QUE  VALENTIN ALFONSIN SOMOZA TEÑA ALGO MAIS DE SORTE NAS ACCIONS QUE EMPRENDA SENDO ALCALDE.

domingo, 26 de junio de 2011

MÁIS REALIDADE!!

Mª SOLEDAD BOGA GRELA TENENTE ALCALDE, SÓ NO MES DE XULLO COSTARÁ  6000€ AO CONCELLO:
2 PAGAS + PAGA EXTRAORDINARIA + CUOTAS DA CONTA PASIVA DE MUFACE + GASTOS DE REPRESENTACIÓN = 6000 €
28000€  ANUALES + COTAS DA CONTA PASIVA DE MUFACE (non lle sirve a Seguridade Social…)
XUNTAS DE GOBERNO: 40€ E 2 AO MES, ÁS QUE  ASISTEN 3 MEMBROS DO GOBERNO = 240€
O ANTERIOR GOBERNO COMENZOU A COBRAR OS SOLDOS POLO SEU TRABALLO 8 MESES DESPOIS DA TOMA DE POSESIÓN

A PURA REALIDADE!!

O ALCALDE DI QUE QUERE OIR AOS VECIÑOS E GOBERNAR PARA TODOS…A QUEN ESCOITARÁ CON PLENOS CADA 2 MESES E EN HORARIO DE MAÑÁ???
O ALCALDE E A TENENTE ALCALDE DESPREZAN O COLEXIO E AS ESCOLAS DE DODRO,  LEVAN AOS SEUS FILLOS A PADRÓN… SERÁ POR ESO QUE SE ESQUECERON DA AREA DE EDUCACIÓN????
O ALCALDE DI QUE GOBERNARÁ COA LEI NA MAN….E PON Á VENTA ILEGALMENTE NAS DEPENDENCIAS DO CONCELLO OS TICKETS PARA A FESTA DO CARNEIRO!!!!
O ALCALDE DI QUE O CONCELLO ESTÁ EN BANCARROTA….E PODE PERMITIRSE DESEMBOLSAR AGORA MESMO MÁIS DE 6000 € EN PAGAR AO NOVO GOBERNO????
O GOBERNO MUNICIPAL TEN UN NOVO ASESOR XURÍDICO PAGADO POLOS VECIÑOS….QUE CASUALIDADE QUE SEXA MANUEL ALFONSÍN SOMOZA!!!!!