A data de 29 de setembro de 2011 queda arquivada a denuncia que Valentín Alfonsín Somoza, actual alcade do concello de Dodro polo PP, interpuxo contra o Sr. Arturo Díaz Díaz, exalcalde de Dodro polo PSdeG – PSOE, polo PRESUNTO caso de fraude / facturas falsas do ex – monitor deportivo.
Foi o caso da declaración 20 días antes das eleccións que sacou o Sr. Alfonsín con moita profusión na prensa, e que se anula agora. O que merece unha profunda reflexión sobre a teórica “gran repercusión” que provoca a nivel informativo un “Alcalde imputado”, que logo, como neste caso, trátase dunha auténtica falsedade. E que, por certo, pasado o tempo, a noticia positiva xa non tén o mesmo realce que a negativa previa.
Con este caso remata a historia xudicial de Valentín Alfonsín Somoza contra o Señor D. Arturo Díaz Díaz, 3 contenciosos e 5 querelas, 8 accións das que SOLO gañou unha e perdeu as outras 7.
A reflexión que sacamos nos de todo isto e: quen paga agora o dano moral causado contra este exalcalde?
PARECE QUE FOI NECESARIO MINTIR PARA ENGANAR O POBO, CO UNICO FIN DE ACADAR SER ALCALDE.
AGARDAMOS QUE VALENTIN ALFONSIN SOMOZA TEÑA ALGO MAIS DE SORTE NAS ACCIONS QUE EMPRENDA SENDO ALCALDE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario