Hoxe 30 de marzo de 2012 tivo lugar
en Dodro un Pleno Extraordinario con varios puntos na orde do día, entre eles a
aprobación dun Plan de Axuste para establecer un mecanismo de financiación para
o pago aos proveedores das entidades locais, así como a aprobación definitiva
da taxa por expedición de documentos administrativos.
O grupo municipal socialista votou
en contra das dúas aprobacións.
En canto á taxa, o PSdeG-PSOE de
Dodro presentara no prazo de exposición, dúas alegacións relativas ao feito de
que a taxa nos parece "ilegal"xa que se pretende cobrar ás veciñas e
veciños de Dodro polo feito de denunciar unha irregularidade urbanística. Dende
este grupo municipal, cremos que as denuncias urbanísticas son unha obriga se o
que queremos é facer cumplir o PXOM ( aprobado durante o goberno do
bipartito) e evitar que o noso concello sexa un territorio "sen lei". Cremos
que é unha medida máis para recaudar cartos, como tódalas tomadas polo goberno
de Alfonsín en Dodro.
En canto ao Plan de Axuste, o
PSdeG-PSOE de Dodro non pode votar a favor. É un plan que recolle recortes
laborais, subidas de impostos, precarización das condicións laborais dos
traballadores do concello...pero que non dubida en non acabar co enchufismo e
coa creación de postos de confianza cun custo para o Concello de máis de 80.000€
anuais ( retibución da Tenente de Alcalde e da "asesora económica").
O crédito a pedir polo RD para o
pago de proveedores recolle unha deuda de 520.000€ ( ata 31 de decembro de
2012), dos cales 231.998,62 corresponden aos 6 meses de desgoberno do PP. Isto
demostra que eles son os culpables da " mala" situación do Concello,
xa que case o 50% do crédito solicitado é xenerado por eles e polos seus
impagos nos primeiros meses de mandato.
De novo a oposición manifesta o seu
malestar ante o recibo da documentación do Pleno, xa que a pesares de acordar,
en reunión previa das voceiras da oposición
co equipo de goberno de recibir a documentación a medida que estivera
lista, dada a urxencia e os curtos prazos dos Plenos, e ante a afirmación do
Sr. Alfonsín de que parte xa o estaba o martes pola mañá ( día da reunión), esa
documentación non é recibida polos grupos da oposición ata o xoves a última
hora da mañá.
Dicir que tódolos puntos da orde do
día susceptibles de seren aprobados o foron polo voto de calidade do alcalde
ante a ausencia de unha concelleira do PP.