viernes, 30 de marzo de 2012

PLENO EXTRAORDINARIO DO 30 DE MARZO DE 2012







            Hoxe 30 de marzo de 2012 tivo lugar en Dodro un Pleno Extraordinario con varios puntos na orde do día, entre eles a aprobación dun Plan de Axuste para establecer un mecanismo de financiación para o pago aos proveedores das entidades locais, así como a aprobación definitiva da taxa por expedición de documentos administrativos.
            O grupo municipal socialista votou en contra das dúas aprobacións.
            En canto á taxa, o PSdeG-PSOE de Dodro presentara no prazo de exposición, dúas alegacións relativas ao feito de que a taxa nos parece "ilegal"xa que se pretende cobrar ás veciñas e veciños de Dodro polo feito de denunciar unha irregularidade urbanística. Dende este grupo municipal, cremos que as denuncias urbanísticas son unha obriga se o que queremos é facer cumplir o PXOM ( aprobado durante o goberno do bipartito)  e  evitar que o noso concello  sexa un territorio "sen lei". Cremos que é unha medida máis para recaudar cartos, como tódalas tomadas polo goberno de Alfonsín en Dodro.
            En canto ao Plan de Axuste, o PSdeG-PSOE de Dodro non pode votar a favor. É un plan que recolle recortes laborais, subidas de impostos, precarización das condicións laborais dos traballadores do concello...pero que non dubida en non acabar co enchufismo e coa creación de postos de confianza cun custo para o Concello de máis de 80.000€ anuais ( retibución da Tenente de Alcalde e da "asesora económica").
            O crédito a pedir polo RD para o pago de proveedores recolle unha deuda de 520.000€ ( ata 31 de decembro de 2012), dos cales 231.998,62 corresponden aos 6 meses de desgoberno do PP. Isto demostra que eles son os culpables da " mala" situación do Concello, xa que case o 50% do crédito solicitado é xenerado por eles e polos seus impagos nos primeiros meses de mandato.
            De novo a oposición manifesta o seu malestar ante o recibo da documentación do Pleno, xa que a pesares de acordar, en reunión previa das voceiras da oposición  co equipo de goberno de recibir a documentación a medida que estivera lista, dada a urxencia e os curtos prazos dos Plenos, e ante a afirmación do Sr. Alfonsín de que parte xa o estaba o martes pola mañá ( día da reunión), esa documentación non é recibida polos grupos da oposición ata o xoves a última hora da mañá.
            Dicir que tódolos puntos da orde do día susceptibles de seren aprobados o foron polo voto de calidade do alcalde ante a ausencia de unha concelleira do PP.


No hay comentarios:

Publicar un comentario