domingo, 11 de noviembre de 2012

Resposta ó goberno do PP


O pasado domingo 29 de outubro, o xornal La voz de Galicia recollía unha nota de prensa remitida polo PSdeG-PSOE  de Dodro onde se poñía de manifesto unha nova contratación "a dedo" do Sr. Alfonsín.
         O martes 6 de novembro, espertamos coa resposta do Sr. Alfonsín no mesmo medio, ademáis, apoiado por unha publicación no seu blog (o PSOE de Dodro tamén colgara a nota de prensa no seu blog), onde se acusa ó PSOE de Dodro de certas cousas que, dende a Agrupación se queren clarexar.
         Fala o Sr. Alfonsín de " actuacións caciquís".
         Iso o di a persoa que, tomando posesión como alcalde de Dodro o día 11 de xuño de 2011, non pode agardar máis que cinco días ( 16 de xuño de 2011) para nomear, mediante resolución de alcaldía, a dona Natividad Alfonsín Somoza como procuradora do Concello e a don Manuel Alfonsín Somoza como letrado. Iso sí que é caciquismo.
         Fala de caciquismo a persoa que contrata por enchufe a unha "asesora de confianza" o pasado 16 de febreiro con un custo para o concello de máis de 50.000€ anuais. MENOS MAL QUE MARCHOU.
         Fala de caciquismo a persoa que contratou á filla do concelleiro de deportes, sen ter a titulación apropiada para o posto que desempeñaba e que, pouco despois tivo que substituíla por outra persoa antes as presións da oposición.
         Fala de caciquismo a persoa que contratou nun proceso "negociado e sen publicidade" a unha arquitecta para o concello que cobra 1.500 € ó mes por traballar 21 horas semanais.
         Fala de caciquismo a persoa que agora, de novo contrata a unha    "asesora de confianza" (a oposición coñece a nova pola prensa, xa que levamos máis de tres meses sen ter acceso ás resolucións da alcaldía, que é onde se goberna). De novo hai unha contratación " a dedo".
        
En fin...  “pensa o ladrón que todos son da mesma condición”.

         Por outro lado, está o tema do crédito solicitado polo goberno de Alfonsín ao goberno central para o pago a proveedores.
         O importe solicitado é de máis de 520.000€. O Sr. Alfonsín achaca a totalidade da cantidade á deuda herdada do bipartito...MENTIRA.
        
         Ata o 16 de xuño (Alfonsín toma posesión o 11 de xuño) a deuda do bipartito con proveedores era de 288.396,67€. Dende o 16 de xuño de 2011 ata o 31 de decembro de 2011 (data que se toma como límite para a petición do crédito), é dicir, 6 meses despois da toma de posesión, o goberno do Sr. Alfonsín debía 231.998,62€. Con isto, queremos refrexar as MENTIRAS DO ALCALDE.
         Case a metade do crédito solicitado para o pago a proveedores é debido á mala xestión do goberno do PP en só 6 meses de mandato. Case debe máis o goberno do PP en medio ano que o bipartito en catro anos, co cal é mentira que o crédito o pida pola xestión do bipartito.
         Se o concello de Dodro remata o ano 2011 coma un dos concellos máis endeudados, Alfonsín saberá por qué, xa que el axudou moito en 6 meses a que iso fora posible, como así o demostran as cifras.

O PSdeG-PSOE de Dodro pode demostrar, con documentación, o desglose dese crédito, así como as datas nas que se rexistraron as facturas no concello de Dodro.

         Por todo isto, creíamos oportuno sair na nosa defensa, sobre todo polas acusacións falsas e sen fundamento.
        
Dende o PSdeG-PSOE de Dodro estamos a disposición de tod@s aqueles veciñas e veciños de Dodro que queiran máis imformación sobre a mala xestión do goberno do PP e, como non, tamén sobre a xestión levada a cabo dende o noso partido nos catro anos que nos tocou gobernar en coalición co BNG. Non temos nada que ocultar, nada do que avergonzarnos. Dende logo, o que non imos permitir é que se minta sobre o que pasa ou pasou en Dodro.
        
Ademáis de todo o exposto, dicir que tedes á vosa disposición o correo electrónico da Agrupación Municipal Socialista para plantexar calquera dúbida ou pregunta (psoedodro@hotmail.com).
         Tamén teredes amplia imformación de todo o que ocorre no noso concello a través do noso blog (psoedodro.blogspot.com), así como do noso facebook.