O pasado domingo 29 de outubro, o xornal La voz de
Galicia recollía unha nota de prensa remitida polo PSdeG-PSOE de Dodro onde se poñía de manifesto unha nova
contratación "a dedo" do Sr. Alfonsín.
O martes 6 de novembro, espertamos coa
resposta do Sr. Alfonsín no mesmo medio, ademáis, apoiado por unha publicación
no seu blog (o PSOE de Dodro tamén colgara a nota de prensa no seu blog), onde
se acusa ó PSOE de Dodro de certas cousas que, dende a Agrupación se queren
clarexar.
Fala o Sr. Alfonsín de " actuacións
caciquís".
Iso o di a persoa que, tomando posesión
como alcalde de Dodro o día 11 de xuño de 2011, non pode agardar máis que cinco
días ( 16 de xuño de 2011) para nomear, mediante resolución de alcaldía, a dona
Natividad Alfonsín Somoza como procuradora do Concello e a don Manuel
Alfonsín Somoza como letrado. Iso sí que é caciquismo.
Fala de caciquismo a persoa que
contrata por enchufe a unha "asesora de confianza" o pasado 16 de
febreiro con un custo para o concello de máis de 50.000€ anuais. MENOS MAL QUE
MARCHOU.
Fala de caciquismo a persoa que
contratou á filla do concelleiro de deportes, sen ter a titulación apropiada
para o posto que desempeñaba e que, pouco despois tivo que substituíla por
outra persoa antes as presións da oposición.
Fala de caciquismo a persoa que
contratou nun proceso "negociado e sen publicidade" a unha arquitecta
para o concello que cobra 1.500 € ó mes por traballar 21 horas semanais.
Fala de caciquismo a persoa que
agora, de novo contrata a unha "asesora de confianza" (a oposición
coñece a nova pola prensa, xa que levamos máis de tres meses sen ter acceso ás
resolucións da alcaldía, que é onde se goberna). De novo hai unha contratación
" a dedo".
En fin... “pensa
o ladrón que todos son da mesma condición”.
Por outro lado, está o tema do crédito
solicitado polo goberno de Alfonsín ao goberno central para o pago a
proveedores.
O importe solicitado é de máis de 520.000€.
O Sr. Alfonsín achaca a totalidade da cantidade á deuda herdada do
bipartito...MENTIRA.
Ata o 16 de xuño (Alfonsín toma
posesión o 11 de xuño) a deuda do bipartito con proveedores era de 288.396,67€.
Dende o 16 de xuño de 2011 ata o 31 de decembro de 2011 (data que se toma como
límite para a petición do crédito), é dicir, 6 meses despois da toma de
posesión, o goberno do Sr. Alfonsín debía 231.998,62€. Con isto, queremos
refrexar as MENTIRAS DO ALCALDE.
Case a metade do crédito solicitado
para o pago a proveedores é debido á mala xestión do goberno do PP en só 6
meses de mandato. Case debe máis o goberno do PP en medio ano que o bipartito
en catro anos, co cal é mentira que o crédito o pida pola xestión do bipartito.
Se o concello de Dodro remata o ano
2011 coma un dos concellos máis endeudados, Alfonsín saberá por qué, xa que el
axudou moito en 6 meses a que iso fora posible, como así o demostran as cifras.
O PSdeG-PSOE de Dodro pode demostrar, con
documentación, o desglose dese crédito, así como as datas nas que se
rexistraron as facturas no concello de Dodro.
Por todo isto, creíamos oportuno sair
na nosa defensa, sobre todo polas acusacións falsas e sen fundamento.
Dende o PSdeG-PSOE de Dodro estamos a disposición de
tod@s aqueles veciñas e veciños de Dodro que queiran máis imformación sobre a
mala xestión do goberno do PP e, como non, tamén sobre a xestión levada a cabo
dende o noso partido nos catro anos que nos tocou gobernar en coalición co BNG.
Non temos nada que ocultar, nada do que avergonzarnos. Dende logo, o que non
imos permitir é que se minta sobre o que pasa ou pasou en Dodro.
Ademáis de todo o exposto, dicir que tedes á vosa
disposición o correo electrónico da Agrupación Municipal Socialista para
plantexar calquera dúbida ou pregunta (psoedodro@hotmail.com).
Tamén teredes amplia imformación de
todo o que ocorre no noso concello a través do noso blog (psoedodro.blogspot.com), así como do noso facebook.
No hay comentarios:
Publicar un comentario