O PP de Dodro salta hoxe á prensa
alabando a súa xestión ao frente do Consistorio. Dende o PSdeG-PSOE de Dodro
temos algo que dicir.
Na Resolución da Alcaldía
38/2013, o Alcalde fala de que o remanente de Tesourería para Gastos Xerais da
resultado positivo e di que é debido a que o famoso Plan de Axuste está dando
os seus froitos. Este grupo municipal
sabe que o que está dando os seus froitos é o “ regalo” da Deputación de
103.832,69€ que o goberno do PP adicou a pagar gastos correntes. Tamén se viron
axudados porque o seu famoso RD de pago a proveedores do goberno central ( que
eles contabilizan como ingreso) lles deu máis de 500.000€ e polo de agora, de xeito
gratuíto, xa que o citado préstamo ten dous anos de carencia. De todo isto sae
que, o Concello de Dodro recibiu de xeito gratuíto máis de 600.000€.
A cousa cambiaría, e moito, se o
goberno do PP non tivera eses dous “regalos”. Habería que ver cómo ían facer
cadrar as contas, de onde ían sacar os cartos no caso de que non recibisen as
cantidades que recibiron. A ver cómo nos ían vender o Plan de Axuste e os seus
resultados “ maravillosos”. En todo caso, tiveron sorte, por iso hoxe nos
venden o que nos venden.
O triste é que precisen subir os
impostos ( ITVM, IBI…), crear novas taxas ( Ilegalidades urbanísticas, lixo…)
para cadrar as contas e que agora nos vendan os resultados.