viernes, 15 de marzo de 2013

Contas falsas do PP


O PP de Dodro salta hoxe á prensa alabando a súa xestión ao frente do Consistorio. Dende o PSdeG-PSOE de Dodro temos algo que dicir.
Na Resolución da Alcaldía 38/2013, o Alcalde fala de que o remanente de Tesourería para Gastos Xerais da resultado positivo e di que é debido a que o famoso Plan de Axuste está dando os seus froitos. Este grupo municipal  sabe que o que está dando os seus froitos é o “ regalo” da Deputación de 103.832,69€ que o goberno do PP adicou a pagar gastos correntes. Tamén se viron axudados porque o seu famoso RD de pago a proveedores do goberno central ( que eles contabilizan como ingreso) lles deu máis de 500.000€ e polo de agora, de xeito gratuíto, xa que o citado préstamo ten dous anos de carencia. De todo isto sae que, o Concello de Dodro recibiu de xeito gratuíto máis de 600.000€.
A cousa cambiaría, e moito, se o goberno do PP non tivera eses dous “regalos”. Habería que ver cómo ían facer cadrar as contas, de onde ían sacar os cartos no caso de que non recibisen as cantidades que recibiron. A ver cómo nos ían vender o Plan de Axuste e os seus resultados “ maravillosos”. En todo caso, tiveron sorte, por iso hoxe nos venden o que nos venden.
O triste é que precisen subir os impostos ( ITVM, IBI…), crear novas taxas ( Ilegalidades urbanísticas, lixo…) para cadrar as contas e que agora nos vendan os resultados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario