domingo, 21 de septiembre de 2014

     O P.S.de G.-PSOE de Dodro, ante os inesperados e inexplicables, acontecementos ocorridos o pasado venres 19 de setembro de 2014, no transcurso do pleno ordinario do concello de Dodro quere comunicar que se inicia un expediente sancionador ó concelleiro Sr. Jacobo Tanoira Janeiro.
    Expedinte que pode traer aparellado a expulsión do Sr. Tanoira Janeiro do Partido Socialista de Galicia – PSOE. En todo caso serán os órganos responsables do partido os que finalmente tomen a decisión que corresponda. Así mesmo trasladamos a nosa decisión unilateral de apartalo de xeito inmediato da agrupación municipal socialista de Dodro.

    Dende esta agrupación desmarcámonos da actuación de dita persoa e condenamos o seu comportamento. Pedimos desculpas a tódalas persoas, simpatizantes socialistas ou non, que puideran verse afectadas por tan inapropiado comportamento.

    

Xabier Castro Tourís.

                                                                           Secretario Xeral

Agrupación de Dodro do PS de G- PSOE

sábado, 5 de julio de 2014

Chapuzas do PP

DERRIBO DE DÚAS VIVENDAS NO CONCELLO DE DODRO

Dende o PSOE de Dodro non podemos máis que lamentar a situación que están a vivir dúas familias do noso Concello debido á sentenza xudicial que anula a licenza de obras concedida no ano 2003 e que desembocará probablemente no derribo das vivendas.

Esta situación ven provocada por unha actuación lamentable do anterior goberno do PP. Foron eles os que no ano 2003 concederon a licenza de obras ( co respaldo e a aprobación da actual secretaria do Concello). Dita licenza era, a todas luces ,ilegal nese momento

Cando no ano 2007 o PSOE asumiu a Alcaldía, se atopou co problema, e con unha orde de derribo xa anunciada. Dende a Concellaría de Obras, que foi a que traballou e conseguiu ( despois de 30 anos ) a aprobación dun PXOM para Dodro, se fixo todo o
posible para legalizar esas obras. Se tentou incluír o terreo en cuestión, inicialmente no PXOM. A Xunta, gobernada por aquel entón polo PP, votou para atrás o proxecto.

Non contentos con iso, o por aquel entonces Concelleiro de Obras, Sr. Fernández Reboiras, e o Alcalde, Sr. Arturo Díaz, mantiveron reunións continuas coas familias afectadas e incluso cos seus representantes legais. Viron que a única alternativa era levar eses terreos e outros do Concello (a parte de abaixo de Bexo e uns terreos de Tallós) á Comisión Superior de Urbanismo. Foi esta, (dependente do goberno do PP da Xunta), a que impuxo unha serie de recortes e non aprobou a inclusión deses terreos como solo urbanizable, como así aparece recollido na prensa do momento  (fragmento que reproducimos a continuación). 

“Tras la aprobación inicial del PXOM en octubre de 2008 hasta la definitiva comunicada por fax el martes, el documento fue objeto de numerosos e importantes recortes por parte de la Xunta, que hacen que la satisfacción del gobierno local «non sexa plena nin total» porque, tal y como volvieron a recordar ayer los gobernantes de Dodro, el texto no recoge el modelo de concello que quieren, sino el impuesto por el Gobierno autónomo y, a día de hoy, el «único posible». Desde la aprobación provisional del documento en abril pasado hasta las posteriores modificaciones, la Xunta le metió la tijera en dos ocasiones, la última el pasado 2 de diciembre y en el marco de la Comisión Superior de Urbanismo.”
 ( La Voz de Galicia 30/12/10).


Con todo isto, este grupo municipal quere que se depuren responsabilidades. A nós non nos sirve que, na prensa, saia o actual Alcalde de Dodro, culpabilizando ó goberno do Bipartito e dicindo que agora terán que pagar os veciños e veciñas de Dodro. Nós loitaremos para que cada un pague polo que fixo. POLO MAL QUE O FIXO.

 - Foi o alcalde do PP , D. Fernando Vila Brión o que concedeu unha licenza de obra ILEGAL.

 - Foi toda unha Xunta de Goberno Local a que aprobou esa licenza de obra ILEGAL.

 - Foi a actual Secretaria do Concello de Dodro a que informou favorablemente para a concesión da licenza, a pesares de ser ILEGAL.

 - Foi o goberno da Xunta do PP o que tirou por terra tódolos intentos do PSOE para legalizar as vivendas en cuestión.

Dende o PSOE de Dodro cremos que hai responsables suficientes para que paguen por todo o que está pasando, sen que teñan que ser os veciños e veciñas de Dodro os que o fagan.