O
P.S.de G.-PSOE de Dodro, ante os inesperados e inexplicables,
acontecementos ocorridos o pasado venres 19 de setembro de 2014, no
transcurso do pleno ordinario do concello de Dodro quere comunicar
que se inicia un expediente sancionador ó concelleiro Sr. Jacobo
Tanoira Janeiro.
Expedinte
que pode traer aparellado a expulsión do Sr. Tanoira Janeiro do
Partido Socialista de Galicia – PSOE. En todo caso serán os
órganos responsables do partido os que finalmente tomen a decisión
que corresponda. Así mesmo trasladamos a nosa decisión unilateral
de apartalo de xeito inmediato da agrupación municipal socialista de
Dodro.
Dende
esta agrupación desmarcámonos da actuación de dita persoa e
condenamos o seu comportamento. Pedimos desculpas a tódalas persoas,
simpatizantes socialistas ou non, que puideran verse afectadas por
tan inapropiado comportamento.
Xabier
Castro Tourís.
Secretario
Xeral
Agrupación
de Dodro do PS de G- PSOE
No hay comentarios:
Publicar un comentario