O actual goberno local convoca pleno extraordinario o xoves día 16, para aprobar unha praza de PERSOAL DE CONFIANZA.
A persoa que ocupará esta praza vai cobrar 32.120,23 € e xa anuncian que non haberá convocatoria pública, xa que o Alcalde especifica claramente que “o nomeamento deste persoal corresponde exclusivamente a Alcaldía” .
Estes 32.120,23 € unidos os 28.000 € que cobra a TENIENTE DE ALCALDE fan un total de 60.120,23 € mentres que a inversión prevista en infraestructuras para todo o ano 2.012 é de 90.000 €
Destas cifras dedúcese que os gastos de persoal POLITICO E DE PERSOAL DE CONFIANZA E MAIS DO 60 % DA INVERSIÓN DO CONCELLO.
A esta circunstancia únese o agravante do despido de dúas traballadoras encargadas de tarefas administrativas, dado que segundo o actual goberno municipal “o número de traballadores é tremendamente elevado”, importante o dato de que entre as dúas traballadoras despedidas non cobraban o que teñen pensado pagarlle a este persoal de confianza.
psoedodro@hotmail.com Tfno.644411453
No hay comentarios:
Publicar un comentario