O
PSdeG-PSOE de Dodro ven de presentar unha pregunta para o vindeiro pleno ordinario
que se celebrará no mes de novembro. A pregunta
quere denunciar a presenza no Concello dunha “traballadora” da que os
grupos políticos da oposición non teñen información e da que cren que carece de
contrato de traballo, xa que, para ese posto, non houbo convocatoria pública
nin se levou a Pleno Municipal ningunha nova contratación. O grupo municipal
socialista de Dodro critica esta actuación do goberno do Sr. Alfonsín, posto
que foi
el o encargado de despedir a dúas administrativas do concello de
Dodro no seu Plan de Axuste Económico do
concello xustificando que se podía prescindir do seu posto de traballo e que
non era necesaria tanta xente. Dende a Agrupación Municipal Socialista cre que
non era que sobrara xente, senón que
estaba facendo sitio para determinada xente. Non é a primeira vez que o goberno
do Sr. Alfonsín actúa deste xeito, xa que, ó pouco de despedir ás dúas
traballadoras antes citadas, procedeu á contratación dunha persoa de confianza
que supoñía un coste para o concello máis de 40.000 euros anuais. Asimesmo,
recentemente, contratou a unha arquitecta municipal, nun proceso que el mesmo
calificou en Resolución da Alcaldía como “ acordado e sen publicidade” e que
supón para o Concello de Dodro un coste de máis de 1.500€/mes traballando tres
días á semana.
Unha vez
máis, o Sr. Alfonsín volve a “contratar a dedo” a unha persoa da súa confianza,
pasando por alto a convocatoria pública do posto e da contratación da citada
persoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario