miércoles, 13 de noviembre de 2013

Aplazamento pleno ordinario


          Tralo anuncio por parte do Concello de Dodro do aprazamento do pleno ordinario previsto para o vindeiro venres 15 de novembro, a Agrupación Socialista de Dodro manifesta o seu total rexeitamento a dito acto tendo en conta que o motivo do aprazamento non é outro que a viaxe do Alcalde a Bos Aires para participar nun acto. Esta viaxe foi planificada con antelación, polo tanto, este grupo municipal non cree xustificada a demora na celebración do pleno, sobre todo, contando que hai unha tenente de Alcalde ( con adicación exclusiva) que asume as funcións do mesmo noutras ausencias.
         Esta agrupación ve nesta demora un novo ataque á democracia en Dodro, xa que, no propio escrito de cambio de data, non se fai alusións ó motivo da ausencia do Alcalde ( a nova saiu en prensa), así como a unha posible data de nova celebración.
         O PSOE de Dodro cre que se está vulnerando un acordo que o Alcalde asinou no pleno de organización.
          Por todo isto, o PsdeG-PSOE non descarta levar a cabo unha denuncia xudicial do mesmo.
Ademáis, os grupos da oposición do Concello de Dodro: PSOE e os tres edís non adscritos, presentarán unha denuncia conxunta ante o Valedor do Pobo para que actúe ó respecto.

lunes, 14 de octubre de 2013

Nova cacicada do PP de Dodro

Dodro, 14 de outubro de 2013. O pleno o pasado 10 de outubro segue a dar que falar. Logo das protestas e críticas do Colectivo Nacionalista por Dodro, o Psoe manifesta hoxe en nota de prensa que "de novo vemos ó verdadeiro alcalde do noso Concello actuar no pleno. Aquela persoa que se emocionou no seu discurso de toma de posesión cando colleu o bastón de mando (que el mesmo comprou esa mañá) e que abaneaba a bandeira da democracia dicindo que a súa función “é a de gobernar para todos, de axudar a todo aquel que o precise, e sempre coa lei na man”, agora non perde a oportunidade de facer un pleno ordinario sen contidos e, quince días despois, un pleno extraordinario en xoves, ás 9 da mañá incluíndo como último punto da orde do día (quitándolle importancia), algo que pode condicionar o desenvolvemento do concello de Dodro. Viva a participación veciñal!".
MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM A FAVOR DE FESBA
O Psoe de Dodro asegura que "o señor Alfonsín non dubida en asinar, xunto cunha empresa do Concello, un convenio urbanístico para unha modificación puntual do PXOM que beneficia única e exclusivamente a esa empresa, a cal, casualidade ou non, (cremos que máis ben non) participou activamente na súa campaña electoral. O que este alcalde fai é hipotecar a expansión do noso Concello para pagar favores, sen importarlle para nada Dodro. O Concello de Dodro conta cun PXOM recentemente aprobado (o PP abstívose na votación) que recolle un solo urbanizable industrial nas proximidades do enlace entre a Autovía AG-11 e a estrada provincial EP-3302 cunha extensión de 29.5 hectáreas. Mediante a sinatura deste convenio con esta empresa, o que se busca facilitar é a expansión desta empresa, pero non a ubicación de novas industrias que sería o que Dodro precisaría neste momento". A empresa é Fesba, e o convenio foi asinado por Marcelino Tubío Rodríguez en representación desta firma que se adica a comercializar produtos do mar.
Dende a Agrupación Municipal Socialista, finalmente, cuestiónanse "se esta devolución de favores non incluiría información privilexiada que lle permitira a esta empresa a adquisición de terrenos rústicos (a precio reducido) sabendo que nun corto período de tempo, o alcalde acadaría a recalificación dos mesmos para declaralos solos urbanizables industriais. Ademáis, se o día de mañá, calquera outro empresario da zona pide a recalificación de terrenos nas inmediacións das súas naves, tamén se levará a cabo a modificación do PXOM? Cantos polígonos industriais imos ter en Dodro? Tendo en conta o custe dese trámite (segundo cálculos do propio concello, máis de 400.000 euros), non sería mellor facer un desenvolvemento parcial do polígono e favorecer deste xeito a máis dunha empresa (como dixo no seu discurso de toma de posesión)".

viernes, 15 de marzo de 2013

Contas falsas do PP


O PP de Dodro salta hoxe á prensa alabando a súa xestión ao frente do Consistorio. Dende o PSdeG-PSOE de Dodro temos algo que dicir.
Na Resolución da Alcaldía 38/2013, o Alcalde fala de que o remanente de Tesourería para Gastos Xerais da resultado positivo e di que é debido a que o famoso Plan de Axuste está dando os seus froitos. Este grupo municipal  sabe que o que está dando os seus froitos é o “ regalo” da Deputación de 103.832,69€ que o goberno do PP adicou a pagar gastos correntes. Tamén se viron axudados porque o seu famoso RD de pago a proveedores do goberno central ( que eles contabilizan como ingreso) lles deu máis de 500.000€ e polo de agora, de xeito gratuíto, xa que o citado préstamo ten dous anos de carencia. De todo isto sae que, o Concello de Dodro recibiu de xeito gratuíto máis de 600.000€.
A cousa cambiaría, e moito, se o goberno do PP non tivera eses dous “regalos”. Habería que ver cómo ían facer cadrar as contas, de onde ían sacar os cartos no caso de que non recibisen as cantidades que recibiron. A ver cómo nos ían vender o Plan de Axuste e os seus resultados “ maravillosos”. En todo caso, tiveron sorte, por iso hoxe nos venden o que nos venden.
O triste é que precisen subir os impostos ( ITVM, IBI…), crear novas taxas ( Ilegalidades urbanísticas, lixo…) para cadrar as contas e que agora nos vendan os resultados.