sábado, 14 de marzo de 2015

O P.P. En DODRO = PREMEDITACION, ALEVOSÍA e caseque NOTURNIDADE.....

Como se pode ser DEMOCRATA e convocar un PLENO EXTRAORDINARIO un venres as 08:30 da mañan ???

PREMEDITACION; teñen tempo e o poder de convocalo pleno cando lles parece, e fanno o venres, as 08:30.

ALEVOSÍA: traición, perfidia, esto explicase cos puntos do orde do día do pleno extraordinario en cuestión.

NOTURNIDADE; as 8 e media da mañán no mes de marzo, case que é de noite, non vos parece ???

Eso solo pode suceder no CONCELLO DE DODRO, co super goberno democrático do Partido Popular....

Porque a ALEVOSÍA?... polo tema mais importante do orde do día de este PLENO EXTRAORDINARIO... o cambio parcial do PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA do concello de Dodro, en una zona moi especial: os arredores da empresa FESBA. Si señores, faise un cambio de solo RUSTICO, a solo INDUSTRIAL para permitir a ampliación ao gusto persoal de un AMIGO do ALCALDE, que posiblemente ademais sirva para FINANCIAR a vindeira CAMPAÑA MUNICIPAL do P.P.

Esto explica que non queira público no pleno extraordinario, que non queira tampouco a oposición no pleno extraordinario, e por eso quedaron un “grupo de amigos” (os concelleiros do PP en Dodro) para celebrar un pleno a gusto, e con calma, donde faremos un cambio de categoría do solo para favorecer a: OUTRO AMIGO....

O segundo punto da orde do día, e o gasto nada mais e nada menos de 199.000 € en unha obra que se denomina “accesos a Revixos e outros”... si en Revixos van invertir pouco mais de 7.000 € en que consistirán as “outras” inversions ????

E convocan un pleno para dar a obra o seu “contratista de cabeceira”, si para eso teñen que cambiar o procedimento a outro mais AXEITADO denominado: “procedemento negociado sen publicidade” donde se piden presupostos a tres empresas para finalmente darllo o de sempre outro AMIGO; NEMESIO ORDOÑEZ. NON LLES PARECE CURIOSO ???

A democracia en Dodro, non e a mesma si non eres AMIGO dos que a aplican. Eso si, todo mediante un pleno e a aplicación da súa maioría.

domingo, 21 de septiembre de 2014

     O P.S.de G.-PSOE de Dodro, ante os inesperados e inexplicables, acontecementos ocorridos o pasado venres 19 de setembro de 2014, no transcurso do pleno ordinario do concello de Dodro quere comunicar que se inicia un expediente sancionador ó concelleiro Sr. Jacobo Tanoira Janeiro.
    Expedinte que pode traer aparellado a expulsión do Sr. Tanoira Janeiro do Partido Socialista de Galicia – PSOE. En todo caso serán os órganos responsables do partido os que finalmente tomen a decisión que corresponda. Así mesmo trasladamos a nosa decisión unilateral de apartalo de xeito inmediato da agrupación municipal socialista de Dodro.

    Dende esta agrupación desmarcámonos da actuación de dita persoa e condenamos o seu comportamento. Pedimos desculpas a tódalas persoas, simpatizantes socialistas ou non, que puideran verse afectadas por tan inapropiado comportamento.

    

Xabier Castro Tourís.

                                                                           Secretario Xeral

Agrupación de Dodro do PS de G- PSOE

sábado, 5 de julio de 2014

Chapuzas do PP

DERRIBO DE DÚAS VIVENDAS NO CONCELLO DE DODRO

Dende o PSOE de Dodro non podemos máis que lamentar a situación que están a vivir dúas familias do noso Concello debido á sentenza xudicial que anula a licenza de obras concedida no ano 2003 e que desembocará probablemente no derribo das vivendas.

Esta situación ven provocada por unha actuación lamentable do anterior goberno do PP. Foron eles os que no ano 2003 concederon a licenza de obras ( co respaldo e a aprobación da actual secretaria do Concello). Dita licenza era, a todas luces ,ilegal nese momento

Cando no ano 2007 o PSOE asumiu a Alcaldía, se atopou co problema, e con unha orde de derribo xa anunciada. Dende a Concellaría de Obras, que foi a que traballou e conseguiu ( despois de 30 anos ) a aprobación dun PXOM para Dodro, se fixo todo o
posible para legalizar esas obras. Se tentou incluír o terreo en cuestión, inicialmente no PXOM. A Xunta, gobernada por aquel entón polo PP, votou para atrás o proxecto.

Non contentos con iso, o por aquel entonces Concelleiro de Obras, Sr. Fernández Reboiras, e o Alcalde, Sr. Arturo Díaz, mantiveron reunións continuas coas familias afectadas e incluso cos seus representantes legais. Viron que a única alternativa era levar eses terreos e outros do Concello (a parte de abaixo de Bexo e uns terreos de Tallós) á Comisión Superior de Urbanismo. Foi esta, (dependente do goberno do PP da Xunta), a que impuxo unha serie de recortes e non aprobou a inclusión deses terreos como solo urbanizable, como así aparece recollido na prensa do momento  (fragmento que reproducimos a continuación). 

“Tras la aprobación inicial del PXOM en octubre de 2008 hasta la definitiva comunicada por fax el martes, el documento fue objeto de numerosos e importantes recortes por parte de la Xunta, que hacen que la satisfacción del gobierno local «non sexa plena nin total» porque, tal y como volvieron a recordar ayer los gobernantes de Dodro, el texto no recoge el modelo de concello que quieren, sino el impuesto por el Gobierno autónomo y, a día de hoy, el «único posible». Desde la aprobación provisional del documento en abril pasado hasta las posteriores modificaciones, la Xunta le metió la tijera en dos ocasiones, la última el pasado 2 de diciembre y en el marco de la Comisión Superior de Urbanismo.”
 ( La Voz de Galicia 30/12/10).


Con todo isto, este grupo municipal quere que se depuren responsabilidades. A nós non nos sirve que, na prensa, saia o actual Alcalde de Dodro, culpabilizando ó goberno do Bipartito e dicindo que agora terán que pagar os veciños e veciñas de Dodro. Nós loitaremos para que cada un pague polo que fixo. POLO MAL QUE O FIXO.

 - Foi o alcalde do PP , D. Fernando Vila Brión o que concedeu unha licenza de obra ILEGAL.

 - Foi toda unha Xunta de Goberno Local a que aprobou esa licenza de obra ILEGAL.

 - Foi a actual Secretaria do Concello de Dodro a que informou favorablemente para a concesión da licenza, a pesares de ser ILEGAL.

 - Foi o goberno da Xunta do PP o que tirou por terra tódolos intentos do PSOE para legalizar as vivendas en cuestión.

Dende o PSOE de Dodro cremos que hai responsables suficientes para que paguen por todo o que está pasando, sen que teñan que ser os veciños e veciñas de Dodro os que o fagan.

miércoles, 13 de noviembre de 2013

Aplazamento pleno ordinario


          Tralo anuncio por parte do Concello de Dodro do aprazamento do pleno ordinario previsto para o vindeiro venres 15 de novembro, a Agrupación Socialista de Dodro manifesta o seu total rexeitamento a dito acto tendo en conta que o motivo do aprazamento non é outro que a viaxe do Alcalde a Bos Aires para participar nun acto. Esta viaxe foi planificada con antelación, polo tanto, este grupo municipal non cree xustificada a demora na celebración do pleno, sobre todo, contando que hai unha tenente de Alcalde ( con adicación exclusiva) que asume as funcións do mesmo noutras ausencias.
         Esta agrupación ve nesta demora un novo ataque á democracia en Dodro, xa que, no propio escrito de cambio de data, non se fai alusións ó motivo da ausencia do Alcalde ( a nova saiu en prensa), así como a unha posible data de nova celebración.
         O PSOE de Dodro cre que se está vulnerando un acordo que o Alcalde asinou no pleno de organización.
          Por todo isto, o PsdeG-PSOE non descarta levar a cabo unha denuncia xudicial do mesmo.
Ademáis, os grupos da oposición do Concello de Dodro: PSOE e os tres edís non adscritos, presentarán unha denuncia conxunta ante o Valedor do Pobo para que actúe ó respecto.

lunes, 14 de octubre de 2013

Nova cacicada do PP de Dodro

Dodro, 14 de outubro de 2013. O pleno o pasado 10 de outubro segue a dar que falar. Logo das protestas e críticas do Colectivo Nacionalista por Dodro, o Psoe manifesta hoxe en nota de prensa que "de novo vemos ó verdadeiro alcalde do noso Concello actuar no pleno. Aquela persoa que se emocionou no seu discurso de toma de posesión cando colleu o bastón de mando (que el mesmo comprou esa mañá) e que abaneaba a bandeira da democracia dicindo que a súa función “é a de gobernar para todos, de axudar a todo aquel que o precise, e sempre coa lei na man”, agora non perde a oportunidade de facer un pleno ordinario sen contidos e, quince días despois, un pleno extraordinario en xoves, ás 9 da mañá incluíndo como último punto da orde do día (quitándolle importancia), algo que pode condicionar o desenvolvemento do concello de Dodro. Viva a participación veciñal!".
MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM A FAVOR DE FESBA
O Psoe de Dodro asegura que "o señor Alfonsín non dubida en asinar, xunto cunha empresa do Concello, un convenio urbanístico para unha modificación puntual do PXOM que beneficia única e exclusivamente a esa empresa, a cal, casualidade ou non, (cremos que máis ben non) participou activamente na súa campaña electoral. O que este alcalde fai é hipotecar a expansión do noso Concello para pagar favores, sen importarlle para nada Dodro. O Concello de Dodro conta cun PXOM recentemente aprobado (o PP abstívose na votación) que recolle un solo urbanizable industrial nas proximidades do enlace entre a Autovía AG-11 e a estrada provincial EP-3302 cunha extensión de 29.5 hectáreas. Mediante a sinatura deste convenio con esta empresa, o que se busca facilitar é a expansión desta empresa, pero non a ubicación de novas industrias que sería o que Dodro precisaría neste momento". A empresa é Fesba, e o convenio foi asinado por Marcelino Tubío Rodríguez en representación desta firma que se adica a comercializar produtos do mar.
Dende a Agrupación Municipal Socialista, finalmente, cuestiónanse "se esta devolución de favores non incluiría información privilexiada que lle permitira a esta empresa a adquisición de terrenos rústicos (a precio reducido) sabendo que nun corto período de tempo, o alcalde acadaría a recalificación dos mesmos para declaralos solos urbanizables industriais. Ademáis, se o día de mañá, calquera outro empresario da zona pide a recalificación de terrenos nas inmediacións das súas naves, tamén se levará a cabo a modificación do PXOM? Cantos polígonos industriais imos ter en Dodro? Tendo en conta o custe dese trámite (segundo cálculos do propio concello, máis de 400.000 euros), non sería mellor facer un desenvolvemento parcial do polígono e favorecer deste xeito a máis dunha empresa (como dixo no seu discurso de toma de posesión)".

viernes, 15 de marzo de 2013

Contas falsas do PP


O PP de Dodro salta hoxe á prensa alabando a súa xestión ao frente do Consistorio. Dende o PSdeG-PSOE de Dodro temos algo que dicir.
Na Resolución da Alcaldía 38/2013, o Alcalde fala de que o remanente de Tesourería para Gastos Xerais da resultado positivo e di que é debido a que o famoso Plan de Axuste está dando os seus froitos. Este grupo municipal  sabe que o que está dando os seus froitos é o “ regalo” da Deputación de 103.832,69€ que o goberno do PP adicou a pagar gastos correntes. Tamén se viron axudados porque o seu famoso RD de pago a proveedores do goberno central ( que eles contabilizan como ingreso) lles deu máis de 500.000€ e polo de agora, de xeito gratuíto, xa que o citado préstamo ten dous anos de carencia. De todo isto sae que, o Concello de Dodro recibiu de xeito gratuíto máis de 600.000€.
A cousa cambiaría, e moito, se o goberno do PP non tivera eses dous “regalos”. Habería que ver cómo ían facer cadrar as contas, de onde ían sacar os cartos no caso de que non recibisen as cantidades que recibiron. A ver cómo nos ían vender o Plan de Axuste e os seus resultados “ maravillosos”. En todo caso, tiveron sorte, por iso hoxe nos venden o que nos venden.
O triste é que precisen subir os impostos ( ITVM, IBI…), crear novas taxas ( Ilegalidades urbanísticas, lixo…) para cadrar as contas e que agora nos vendan os resultados.