domingo, 11 de noviembre de 2012

Resposta ó goberno do PP


O pasado domingo 29 de outubro, o xornal La voz de Galicia recollía unha nota de prensa remitida polo PSdeG-PSOE  de Dodro onde se poñía de manifesto unha nova contratación "a dedo" do Sr. Alfonsín.
         O martes 6 de novembro, espertamos coa resposta do Sr. Alfonsín no mesmo medio, ademáis, apoiado por unha publicación no seu blog (o PSOE de Dodro tamén colgara a nota de prensa no seu blog), onde se acusa ó PSOE de Dodro de certas cousas que, dende a Agrupación se queren clarexar.
         Fala o Sr. Alfonsín de " actuacións caciquís".
         Iso o di a persoa que, tomando posesión como alcalde de Dodro o día 11 de xuño de 2011, non pode agardar máis que cinco días ( 16 de xuño de 2011) para nomear, mediante resolución de alcaldía, a dona Natividad Alfonsín Somoza como procuradora do Concello e a don Manuel Alfonsín Somoza como letrado. Iso sí que é caciquismo.
         Fala de caciquismo a persoa que contrata por enchufe a unha "asesora de confianza" o pasado 16 de febreiro con un custo para o concello de máis de 50.000€ anuais. MENOS MAL QUE MARCHOU.
         Fala de caciquismo a persoa que contratou á filla do concelleiro de deportes, sen ter a titulación apropiada para o posto que desempeñaba e que, pouco despois tivo que substituíla por outra persoa antes as presións da oposición.
         Fala de caciquismo a persoa que contratou nun proceso "negociado e sen publicidade" a unha arquitecta para o concello que cobra 1.500 € ó mes por traballar 21 horas semanais.
         Fala de caciquismo a persoa que agora, de novo contrata a unha    "asesora de confianza" (a oposición coñece a nova pola prensa, xa que levamos máis de tres meses sen ter acceso ás resolucións da alcaldía, que é onde se goberna). De novo hai unha contratación " a dedo".
        
En fin...  “pensa o ladrón que todos son da mesma condición”.

         Por outro lado, está o tema do crédito solicitado polo goberno de Alfonsín ao goberno central para o pago a proveedores.
         O importe solicitado é de máis de 520.000€. O Sr. Alfonsín achaca a totalidade da cantidade á deuda herdada do bipartito...MENTIRA.
        
         Ata o 16 de xuño (Alfonsín toma posesión o 11 de xuño) a deuda do bipartito con proveedores era de 288.396,67€. Dende o 16 de xuño de 2011 ata o 31 de decembro de 2011 (data que se toma como límite para a petición do crédito), é dicir, 6 meses despois da toma de posesión, o goberno do Sr. Alfonsín debía 231.998,62€. Con isto, queremos refrexar as MENTIRAS DO ALCALDE.
         Case a metade do crédito solicitado para o pago a proveedores é debido á mala xestión do goberno do PP en só 6 meses de mandato. Case debe máis o goberno do PP en medio ano que o bipartito en catro anos, co cal é mentira que o crédito o pida pola xestión do bipartito.
         Se o concello de Dodro remata o ano 2011 coma un dos concellos máis endeudados, Alfonsín saberá por qué, xa que el axudou moito en 6 meses a que iso fora posible, como así o demostran as cifras.

O PSdeG-PSOE de Dodro pode demostrar, con documentación, o desglose dese crédito, así como as datas nas que se rexistraron as facturas no concello de Dodro.

         Por todo isto, creíamos oportuno sair na nosa defensa, sobre todo polas acusacións falsas e sen fundamento.
        
Dende o PSdeG-PSOE de Dodro estamos a disposición de tod@s aqueles veciñas e veciños de Dodro que queiran máis imformación sobre a mala xestión do goberno do PP e, como non, tamén sobre a xestión levada a cabo dende o noso partido nos catro anos que nos tocou gobernar en coalición co BNG. Non temos nada que ocultar, nada do que avergonzarnos. Dende logo, o que non imos permitir é que se minta sobre o que pasa ou pasou en Dodro.
        
Ademáis de todo o exposto, dicir que tedes á vosa disposición o correo electrónico da Agrupación Municipal Socialista para plantexar calquera dúbida ou pregunta (psoedodro@hotmail.com).
         Tamén teredes amplia imformación de todo o que ocorre no noso concello a través do noso blog (psoedodro.blogspot.com), así como do noso facebook.

         

sábado, 27 de octubre de 2012

NOTA DE PRENSA


                O PSdeG-PSOE de Dodro ven de presentar unha pregunta para o vindeiro pleno ordinario que se celebrará no mes de novembro. A pregunta  quere denunciar a presenza no Concello dunha “traballadora” da que os grupos políticos da oposición non teñen información e da que cren que carece de contrato de traballo, xa que, para ese posto, non houbo convocatoria pública nin se levou a Pleno Municipal ningunha nova contratación. O grupo municipal socialista de Dodro critica esta actuación do goberno do Sr. Alfonsín, posto que  foi  el o encargado de despedir a dúas administrativas do concello de Dodro  no seu Plan de Axuste Económico do concello xustificando que se podía prescindir do seu posto de traballo e que non era necesaria tanta xente. Dende a Agrupación Municipal Socialista cre que non era que sobrara  xente, senón que estaba facendo sitio para determinada xente. Non é a primeira vez que o goberno do Sr. Alfonsín actúa deste xeito, xa que, ó pouco de despedir ás dúas traballadoras antes citadas, procedeu á contratación dunha persoa de confianza que supoñía un coste para o concello  máis de 40.000 euros anuais. Asimesmo, recentemente, contratou a unha arquitecta municipal, nun proceso que el mesmo calificou en Resolución da Alcaldía como “ acordado e sen publicidade” e que supón para o Concello de Dodro un coste de máis de 1.500€/mes traballando tres días á semana.
                Unha vez máis, o Sr. Alfonsín volve a “contratar a dedo” a unha persoa da súa confianza, pasando por alto a convocatoria pública do posto e da contratación da citada persoa. 

miércoles, 30 de mayo de 2012

NOTA DE PRENSA OMIX


NOTA DE PRENSA
Esta semana, @s xóvenes de Dodro recibiron, por parte da concelleira de
Xuventude e Familia, información sobre a OMIX, Oficina Municipal de Información
Xuvenil, case un mes despois da súa publicación na prensa. Isto demostra unha vez
máis, a falta de coordinación deste goberno, que non se preocupa de promocionar o
que temos, e informar aos principais destinatarios da oficina, da información que
poden obter acudindo a ela. O PSdeG-PSOE de Dodro presentou no pasado Pleno
Ordinario do 18 de maio, unha pregunta escrita con rexistro de entrada do 15 de maio
relativa precisamente a se non se ía informar @s xóvenes de Dodro da existencia da
mencionada oficina. A contestación entón do sr. Alcalde foi que a oficina estaba
abondo promocionada con información na prensa, con carteis na Casa da Cultura
( sede da OMIX)… Non debía ser tanta a información e publicidade cando agora
atenden unha pregunta do PSdeG-PSOE de Dodro e informan por carta aos
interesados.

NOTA DE PRENSA CURSO DE INFORMÁTICA

Dende o PSdeG-PSOE de Dodro queremos informar d as malas condicións nas que o Concello de Dodro está desenvolvendo o curso de informática iniciado o pasado luns 21 de maio na súa segunda edición. O citado curso ten lugar en unha aula chamada “de informática” do concello, na Casa da Cultura. En este espacio de reducidas dimensións amontoanse os participantes; 12 persoas. Ademáis, destacar que se trata dun curso de iniciación (para xente con poucos coñecementos de informática) e que só se contan con seis ordenadores, é dicir, un ordenador por parella.

sábado, 5 de mayo de 2012

NOTA DE PRENSA ENVIADA AOS MEDIOS EN RESPOSTA DO PUBLICADO O VENRES 4 DE ABRIL DE 2012




Dende o PSdeG-PSOE de Dodro, manifestar, unha vez máis o noso abraio e, sobre todo o noso malestar ante unha mentira máis do Alcalde Sr. Alfonsín Somoza. Según publica hoxe, venres 4 de maio de 2012 algún medio de comunicación escrito, o goberno do PP de Dodro extingue o contrato da asesora económica pola incorporación da Secretaria-Interventora “titular” despois dun largo período de baixa. Dende o grupo municipal do PSOE só podemos dicir que é MENTIRA. A data de incorporación da Secretaria titular no concello foi o día 9 de febreiro de 2012. Como este grupo municipal dixo no Pleno Extraordinario convocado única e exclusivamente para a “creación dun posto de traballo eventual no cadro de persoal municipal”, é unha casualidade que coincidan as datas da Providencia da Alcaldía solicitando o asesor e a incorporación da Secretaria titular. Dende o PSdeG-PSOE de Dodro temos claro o motivo (e así o manifestamos no citado Pleno), a incompetencia da citada Secretaria Titular para desempeñar o seu posto de traballo fai necesaria a contratación dunha asesora. Por outra banda, dicir que a persoa de confianza posta “a dedo” por Alfonsín se incorpora a traballar o luns 19 de febreiro de 2012, tres días despois da celebración do Pleno e dez días despois da incorporación da Secretaria titular. Outro dato a ter en conta e que desmonta totalmente o argumento do Sr. Alfonsín é que o informe de Secretaría-Intervención onde se avala a modificación do cadro de persoal para a creación dunha praza, está asinado por Dona Mercedes Fondevila Jaraiz, Secretaria titular do concello de Dodro, daquela, esta persoa, NON ESTABA DE BAIXA. Agora, ¿Qué pasa, que Dodro xa non precisa do asesoramento económico que tanta falla facía hai tres meses? Pois sí que lle saiu caro a Dodro o citado asesoramento. Ou será que xa hai outra persoa “enchufada “ polo propio Alfonsín para o sitio??? O Sr. Alfonsín debe pensar que a xente de Dodro e, sobre todo a oposición socialista, non ten memoria e non lembramos o que ocorreu no pasado Pleno Extraordinario do 16 de febreiro de 2012, onde nos dicía que a contratación da asesora como unha solución para Dodro, e mais agora que o Ministerio de Hacienda valora desfavorablemente o Plan de Axuste presentado polo concello e elaborado por esa “asesora”. Sobre todo, o que máis nos sorprende é que haxa medios de comunicación escritos que, a pesares de estar presentes no Pleno do 16 de febreiro, a pesares de contar no seu poder coa documentación e as intervencións deste grupo municipal Socialista, teñan a osadía de publicar este tipo de novas, e dar por boa a información dun grupo político sen preocuparse, nin tan sequera de consultar a súa propia hemeroteca e saber que o que están dicindo é verdade ou e ABSOLUTAMENTE FALSO.
O Grupo Municipal do P.S.de G. –P.S.O.E. do Concello de Dodro.

viernes, 30 de marzo de 2012

PLENO EXTRAORDINARIO DO 30 DE MARZO DE 2012







            Hoxe 30 de marzo de 2012 tivo lugar en Dodro un Pleno Extraordinario con varios puntos na orde do día, entre eles a aprobación dun Plan de Axuste para establecer un mecanismo de financiación para o pago aos proveedores das entidades locais, así como a aprobación definitiva da taxa por expedición de documentos administrativos.
            O grupo municipal socialista votou en contra das dúas aprobacións.
            En canto á taxa, o PSdeG-PSOE de Dodro presentara no prazo de exposición, dúas alegacións relativas ao feito de que a taxa nos parece "ilegal"xa que se pretende cobrar ás veciñas e veciños de Dodro polo feito de denunciar unha irregularidade urbanística. Dende este grupo municipal, cremos que as denuncias urbanísticas son unha obriga se o que queremos é facer cumplir o PXOM ( aprobado durante o goberno do bipartito)  e  evitar que o noso concello  sexa un territorio "sen lei". Cremos que é unha medida máis para recaudar cartos, como tódalas tomadas polo goberno de Alfonsín en Dodro.
            En canto ao Plan de Axuste, o PSdeG-PSOE de Dodro non pode votar a favor. É un plan que recolle recortes laborais, subidas de impostos, precarización das condicións laborais dos traballadores do concello...pero que non dubida en non acabar co enchufismo e coa creación de postos de confianza cun custo para o Concello de máis de 80.000€ anuais ( retibución da Tenente de Alcalde e da "asesora económica").
            O crédito a pedir polo RD para o pago de proveedores recolle unha deuda de 520.000€ ( ata 31 de decembro de 2012), dos cales 231.998,62 corresponden aos 6 meses de desgoberno do PP. Isto demostra que eles son os culpables da " mala" situación do Concello, xa que case o 50% do crédito solicitado é xenerado por eles e polos seus impagos nos primeiros meses de mandato.
            De novo a oposición manifesta o seu malestar ante o recibo da documentación do Pleno, xa que a pesares de acordar, en reunión previa das voceiras da oposición  co equipo de goberno de recibir a documentación a medida que estivera lista, dada a urxencia e os curtos prazos dos Plenos, e ante a afirmación do Sr. Alfonsín de que parte xa o estaba o martes pola mañá ( día da reunión), esa documentación non é recibida polos grupos da oposición ata o xoves a última hora da mañá.
            Dicir que tódolos puntos da orde do día susceptibles de seren aprobados o foron polo voto de calidade do alcalde ante a ausencia de unha concelleira do PP.


viernes, 16 de marzo de 2012

Magnífica noticia no xornal de hoxe!!

Dende o PSdeG - PSOE de Dodro queremos felicitar a Milagros pola sua labor diaria, tamen queremos felicitar a periodista Uxía Lopez polo seu traballo. Deixamos o enlace para que todos, de certa forma, poidades homenaxear a esta veciña, sen dúbida unha grande persoa.

       Noraboa por ser tan GRANDE Milagros.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2012/03/16/tocoume-isto-procuro-vivilo-mellor-pode/0003_201203S16C11991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

viernes, 17 de febrero de 2012

Incrible!!!!

                           

                           ATENCIÓN!!!!

A NOVA ASESORA XURÍDICA DO CONCELLO DE DODRO NOMEADA A DEDO POLO SR. ALFONSÍN VAI COBRAR NADA MAIS E NADA MENOS QUE 40.000,00 €, NON 32.000,00 € COMO SE DIXERA NUN PRINCIPIO!
ONDE ESTÁ AGORA A CRISIS SR. ALFONSÍN??
DESPOIS DE DESPEDIR A 2 TRABALLADORAS DA ADMINISTRACIÓN DO CONECELLO PARA AFORRAR CHEGANOS CON ESTO!!
QUE SERÁ O PRÓXIMO?

                           INCRIBLE!!!!!

PSdeG - PSOE de Dodro.

martes, 14 de febrero de 2012



O actual goberno local convoca pleno extraordinario o xoves día 16, para aprobar unha praza de PERSOAL DE  CONFIANZA.

A persoa que ocupará esta praza vai cobrar 32.120,23 € e xa anuncian que non haberá convocatoria pública, xa que o Alcalde especifica claramente que “o nomeamento deste persoal corresponde exclusivamente a Alcaldía” .

Estes 32.120,23 € unidos os 28.000 € que cobra a TENIENTE DE ALCALDE fan un total de 60.120,23 € mentres que a inversión prevista en infraestructuras para todo o ano 2.012 é de 90.000 €

Destas cifras dedúcese que os gastos de persoal POLITICO E DE PERSOAL DE CONFIANZA E MAIS DO 60 % DA INVERSIÓN DO CONCELLO.

A esta circunstancia únese o agravante do despido de dúas traballadoras encargadas de tarefas administrativas, dado que segundo o actual goberno municipal “o número de traballadores é tremendamente elevado”, importante o dato de que entre as dúas traballadoras despedidas non cobraban o que teñen pensado pagarlle a este persoal de confianza.



psoedodro@hotmail.com                   Tfno.644411453