miércoles, 13 de noviembre de 2013

Aplazamento pleno ordinario


          Tralo anuncio por parte do Concello de Dodro do aprazamento do pleno ordinario previsto para o vindeiro venres 15 de novembro, a Agrupación Socialista de Dodro manifesta o seu total rexeitamento a dito acto tendo en conta que o motivo do aprazamento non é outro que a viaxe do Alcalde a Bos Aires para participar nun acto. Esta viaxe foi planificada con antelación, polo tanto, este grupo municipal non cree xustificada a demora na celebración do pleno, sobre todo, contando que hai unha tenente de Alcalde ( con adicación exclusiva) que asume as funcións do mesmo noutras ausencias.
         Esta agrupación ve nesta demora un novo ataque á democracia en Dodro, xa que, no propio escrito de cambio de data, non se fai alusións ó motivo da ausencia do Alcalde ( a nova saiu en prensa), así como a unha posible data de nova celebración.
         O PSOE de Dodro cre que se está vulnerando un acordo que o Alcalde asinou no pleno de organización.
          Por todo isto, o PsdeG-PSOE non descarta levar a cabo unha denuncia xudicial do mesmo.
Ademáis, os grupos da oposición do Concello de Dodro: PSOE e os tres edís non adscritos, presentarán unha denuncia conxunta ante o Valedor do Pobo para que actúe ó respecto.

lunes, 14 de octubre de 2013

Nova cacicada do PP de Dodro

Dodro, 14 de outubro de 2013. O pleno o pasado 10 de outubro segue a dar que falar. Logo das protestas e críticas do Colectivo Nacionalista por Dodro, o Psoe manifesta hoxe en nota de prensa que "de novo vemos ó verdadeiro alcalde do noso Concello actuar no pleno. Aquela persoa que se emocionou no seu discurso de toma de posesión cando colleu o bastón de mando (que el mesmo comprou esa mañá) e que abaneaba a bandeira da democracia dicindo que a súa función “é a de gobernar para todos, de axudar a todo aquel que o precise, e sempre coa lei na man”, agora non perde a oportunidade de facer un pleno ordinario sen contidos e, quince días despois, un pleno extraordinario en xoves, ás 9 da mañá incluíndo como último punto da orde do día (quitándolle importancia), algo que pode condicionar o desenvolvemento do concello de Dodro. Viva a participación veciñal!".
MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM A FAVOR DE FESBA
O Psoe de Dodro asegura que "o señor Alfonsín non dubida en asinar, xunto cunha empresa do Concello, un convenio urbanístico para unha modificación puntual do PXOM que beneficia única e exclusivamente a esa empresa, a cal, casualidade ou non, (cremos que máis ben non) participou activamente na súa campaña electoral. O que este alcalde fai é hipotecar a expansión do noso Concello para pagar favores, sen importarlle para nada Dodro. O Concello de Dodro conta cun PXOM recentemente aprobado (o PP abstívose na votación) que recolle un solo urbanizable industrial nas proximidades do enlace entre a Autovía AG-11 e a estrada provincial EP-3302 cunha extensión de 29.5 hectáreas. Mediante a sinatura deste convenio con esta empresa, o que se busca facilitar é a expansión desta empresa, pero non a ubicación de novas industrias que sería o que Dodro precisaría neste momento". A empresa é Fesba, e o convenio foi asinado por Marcelino Tubío Rodríguez en representación desta firma que se adica a comercializar produtos do mar.
Dende a Agrupación Municipal Socialista, finalmente, cuestiónanse "se esta devolución de favores non incluiría información privilexiada que lle permitira a esta empresa a adquisición de terrenos rústicos (a precio reducido) sabendo que nun corto período de tempo, o alcalde acadaría a recalificación dos mesmos para declaralos solos urbanizables industriais. Ademáis, se o día de mañá, calquera outro empresario da zona pide a recalificación de terrenos nas inmediacións das súas naves, tamén se levará a cabo a modificación do PXOM? Cantos polígonos industriais imos ter en Dodro? Tendo en conta o custe dese trámite (segundo cálculos do propio concello, máis de 400.000 euros), non sería mellor facer un desenvolvemento parcial do polígono e favorecer deste xeito a máis dunha empresa (como dixo no seu discurso de toma de posesión)".

viernes, 15 de marzo de 2013

Contas falsas do PP


O PP de Dodro salta hoxe á prensa alabando a súa xestión ao frente do Consistorio. Dende o PSdeG-PSOE de Dodro temos algo que dicir.
Na Resolución da Alcaldía 38/2013, o Alcalde fala de que o remanente de Tesourería para Gastos Xerais da resultado positivo e di que é debido a que o famoso Plan de Axuste está dando os seus froitos. Este grupo municipal  sabe que o que está dando os seus froitos é o “ regalo” da Deputación de 103.832,69€ que o goberno do PP adicou a pagar gastos correntes. Tamén se viron axudados porque o seu famoso RD de pago a proveedores do goberno central ( que eles contabilizan como ingreso) lles deu máis de 500.000€ e polo de agora, de xeito gratuíto, xa que o citado préstamo ten dous anos de carencia. De todo isto sae que, o Concello de Dodro recibiu de xeito gratuíto máis de 600.000€.
A cousa cambiaría, e moito, se o goberno do PP non tivera eses dous “regalos”. Habería que ver cómo ían facer cadrar as contas, de onde ían sacar os cartos no caso de que non recibisen as cantidades que recibiron. A ver cómo nos ían vender o Plan de Axuste e os seus resultados “ maravillosos”. En todo caso, tiveron sorte, por iso hoxe nos venden o que nos venden.
O triste é que precisen subir os impostos ( ITVM, IBI…), crear novas taxas ( Ilegalidades urbanísticas, lixo…) para cadrar as contas e que agora nos vendan os resultados.

domingo, 11 de noviembre de 2012

Resposta ó goberno do PP


O pasado domingo 29 de outubro, o xornal La voz de Galicia recollía unha nota de prensa remitida polo PSdeG-PSOE  de Dodro onde se poñía de manifesto unha nova contratación "a dedo" do Sr. Alfonsín.
         O martes 6 de novembro, espertamos coa resposta do Sr. Alfonsín no mesmo medio, ademáis, apoiado por unha publicación no seu blog (o PSOE de Dodro tamén colgara a nota de prensa no seu blog), onde se acusa ó PSOE de Dodro de certas cousas que, dende a Agrupación se queren clarexar.
         Fala o Sr. Alfonsín de " actuacións caciquís".
         Iso o di a persoa que, tomando posesión como alcalde de Dodro o día 11 de xuño de 2011, non pode agardar máis que cinco días ( 16 de xuño de 2011) para nomear, mediante resolución de alcaldía, a dona Natividad Alfonsín Somoza como procuradora do Concello e a don Manuel Alfonsín Somoza como letrado. Iso sí que é caciquismo.
         Fala de caciquismo a persoa que contrata por enchufe a unha "asesora de confianza" o pasado 16 de febreiro con un custo para o concello de máis de 50.000€ anuais. MENOS MAL QUE MARCHOU.
         Fala de caciquismo a persoa que contratou á filla do concelleiro de deportes, sen ter a titulación apropiada para o posto que desempeñaba e que, pouco despois tivo que substituíla por outra persoa antes as presións da oposición.
         Fala de caciquismo a persoa que contratou nun proceso "negociado e sen publicidade" a unha arquitecta para o concello que cobra 1.500 € ó mes por traballar 21 horas semanais.
         Fala de caciquismo a persoa que agora, de novo contrata a unha    "asesora de confianza" (a oposición coñece a nova pola prensa, xa que levamos máis de tres meses sen ter acceso ás resolucións da alcaldía, que é onde se goberna). De novo hai unha contratación " a dedo".
        
En fin...  “pensa o ladrón que todos son da mesma condición”.

         Por outro lado, está o tema do crédito solicitado polo goberno de Alfonsín ao goberno central para o pago a proveedores.
         O importe solicitado é de máis de 520.000€. O Sr. Alfonsín achaca a totalidade da cantidade á deuda herdada do bipartito...MENTIRA.
        
         Ata o 16 de xuño (Alfonsín toma posesión o 11 de xuño) a deuda do bipartito con proveedores era de 288.396,67€. Dende o 16 de xuño de 2011 ata o 31 de decembro de 2011 (data que se toma como límite para a petición do crédito), é dicir, 6 meses despois da toma de posesión, o goberno do Sr. Alfonsín debía 231.998,62€. Con isto, queremos refrexar as MENTIRAS DO ALCALDE.
         Case a metade do crédito solicitado para o pago a proveedores é debido á mala xestión do goberno do PP en só 6 meses de mandato. Case debe máis o goberno do PP en medio ano que o bipartito en catro anos, co cal é mentira que o crédito o pida pola xestión do bipartito.
         Se o concello de Dodro remata o ano 2011 coma un dos concellos máis endeudados, Alfonsín saberá por qué, xa que el axudou moito en 6 meses a que iso fora posible, como así o demostran as cifras.

O PSdeG-PSOE de Dodro pode demostrar, con documentación, o desglose dese crédito, así como as datas nas que se rexistraron as facturas no concello de Dodro.

         Por todo isto, creíamos oportuno sair na nosa defensa, sobre todo polas acusacións falsas e sen fundamento.
        
Dende o PSdeG-PSOE de Dodro estamos a disposición de tod@s aqueles veciñas e veciños de Dodro que queiran máis imformación sobre a mala xestión do goberno do PP e, como non, tamén sobre a xestión levada a cabo dende o noso partido nos catro anos que nos tocou gobernar en coalición co BNG. Non temos nada que ocultar, nada do que avergonzarnos. Dende logo, o que non imos permitir é que se minta sobre o que pasa ou pasou en Dodro.
        
Ademáis de todo o exposto, dicir que tedes á vosa disposición o correo electrónico da Agrupación Municipal Socialista para plantexar calquera dúbida ou pregunta (psoedodro@hotmail.com).
         Tamén teredes amplia imformación de todo o que ocorre no noso concello a través do noso blog (psoedodro.blogspot.com), así como do noso facebook.

         

sábado, 27 de octubre de 2012

NOTA DE PRENSA


                O PSdeG-PSOE de Dodro ven de presentar unha pregunta para o vindeiro pleno ordinario que se celebrará no mes de novembro. A pregunta  quere denunciar a presenza no Concello dunha “traballadora” da que os grupos políticos da oposición non teñen información e da que cren que carece de contrato de traballo, xa que, para ese posto, non houbo convocatoria pública nin se levou a Pleno Municipal ningunha nova contratación. O grupo municipal socialista de Dodro critica esta actuación do goberno do Sr. Alfonsín, posto que  foi  el o encargado de despedir a dúas administrativas do concello de Dodro  no seu Plan de Axuste Económico do concello xustificando que se podía prescindir do seu posto de traballo e que non era necesaria tanta xente. Dende a Agrupación Municipal Socialista cre que non era que sobrara  xente, senón que estaba facendo sitio para determinada xente. Non é a primeira vez que o goberno do Sr. Alfonsín actúa deste xeito, xa que, ó pouco de despedir ás dúas traballadoras antes citadas, procedeu á contratación dunha persoa de confianza que supoñía un coste para o concello  máis de 40.000 euros anuais. Asimesmo, recentemente, contratou a unha arquitecta municipal, nun proceso que el mesmo calificou en Resolución da Alcaldía como “ acordado e sen publicidade” e que supón para o Concello de Dodro un coste de máis de 1.500€/mes traballando tres días á semana.
                Unha vez máis, o Sr. Alfonsín volve a “contratar a dedo” a unha persoa da súa confianza, pasando por alto a convocatoria pública do posto e da contratación da citada persoa. 

miércoles, 30 de mayo de 2012

NOTA DE PRENSA OMIX


NOTA DE PRENSA
Esta semana, @s xóvenes de Dodro recibiron, por parte da concelleira de
Xuventude e Familia, información sobre a OMIX, Oficina Municipal de Información
Xuvenil, case un mes despois da súa publicación na prensa. Isto demostra unha vez
máis, a falta de coordinación deste goberno, que non se preocupa de promocionar o
que temos, e informar aos principais destinatarios da oficina, da información que
poden obter acudindo a ela. O PSdeG-PSOE de Dodro presentou no pasado Pleno
Ordinario do 18 de maio, unha pregunta escrita con rexistro de entrada do 15 de maio
relativa precisamente a se non se ía informar @s xóvenes de Dodro da existencia da
mencionada oficina. A contestación entón do sr. Alcalde foi que a oficina estaba
abondo promocionada con información na prensa, con carteis na Casa da Cultura
( sede da OMIX)… Non debía ser tanta a información e publicidade cando agora
atenden unha pregunta do PSdeG-PSOE de Dodro e informan por carta aos
interesados.

NOTA DE PRENSA CURSO DE INFORMÁTICA

Dende o PSdeG-PSOE de Dodro queremos informar d as malas condicións nas que o Concello de Dodro está desenvolvendo o curso de informática iniciado o pasado luns 21 de maio na súa segunda edición. O citado curso ten lugar en unha aula chamada “de informática” do concello, na Casa da Cultura. En este espacio de reducidas dimensións amontoanse os participantes; 12 persoas. Ademáis, destacar que se trata dun curso de iniciación (para xente con poucos coñecementos de informática) e que só se contan con seis ordenadores, é dicir, un ordenador por parella.